Sunday 05 de May de 2024

As farmacias de Carral realizarán a proba de saliva a adolescentes de entre 12 e 17 anos


• A partir do día 19 de abril poderán recoller gratuitamente este método para detectar posibles asintomáticos.
As dúas farmacias de Carral súmanse á campaña do Colexio Oficial de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para realizar un cribado de saliva SARS- COV-2, coas que detectar posibles asintomáticos entre adolescentes de 12 a 17 anos.
Os interesados ou interesadas en participar neste cribado poderán recoller gratuitamente a súa proba para partir do luns, 19 de abril. Ao ser menores de idade deberán levar un xustificante ou ir acompañados dos seus titores legais, ademais do seu número de tarxeta sanitaria. Na propia farmacia daranlles as instrucións para realizar o test de forma correcta.
Ademais, desde as farmacias poñeranse en contacto coa Consellería de Educación para sensibilizar aos mozos e mozas da importancia de participar neste cribado.